Vilanova presenta case unha decena de alegacións ó polígono de Tremoedo

    durntremoedo_100_copia.jpgVILANOVA > O Concello de Vilanova aprobou esta mañá nunha Comisión de Goberno Extraordinaria o prego de alegacións que presentarán ó proxecto do parque

    {flowplayer}images/salnes/duran_tremoedo.flv{/flowplayer} 

    … empresarial de Tremoedo. A necesidade de ampliar a capacidade das estradas que conducen ata o polígono, así como a da canalización das augas, son algúns dos puntos incluídos no documento. Un texto no que volven a insistir no impacto negativo que a infraestrutura terá no Monte Lobeira, e no perigo que supón o feito de que no parque poida instalarse calquera tipo de empresa.

    A incapacidade das actuais vías de comunicación ó Polígono, coma a estrada de Lobeira ou a vía de alta capacidade que une Cambados con Vilagarcía, para soportar a alta densidade de tráfico que suporá a infraestrutura, é unha das principais alegacións que vai presentar o Concello de Vilanova ó proxecto da Xunta do parque empresarial de Tremoedo.

    A este problema súmanselle outros coma o da insuficiencia da canalización das augas e a consecuente posibilidade de asolagamentos, a inconveniencia da localización da depuradora, ou o negativo impacto paisaxístico que terá sobre o Monte Lobeira o parque. Unha infraestrutura que, ademais de afectarlles en primeiro termo ós veciños coas casas situadas ó carón do polígono, asegura o rexedor de Vilanova, tamén traerá repercusións para o resto da comarca.

    O punto no que se mostra máis crítico o rexedor vilanovés sobre a construción do polígono, é de feito o que fai mención ó tipo de empresas que se poderían situar na mesma. Segundo Gonzalo Durán, Tremoedo poderá acoller calquera tipo de industrias da transformación, tal e como deixou ver onte no programa desta canle, Contrastes, o director xeral de Vivenda e Solo, Daniel Pino.

    Gonzalo Durán asegurou esta mañá que poñerá todo tipo de trabas á concesión das lincencias ás empresas que se instalen no polígono en función da súa actividade, e a pesar das presións que poida facer a Xunta. O rexedor vilanovés tamén cuestionou a utilidade do futuro parque de Tremoedo, logo de que se anunciase para o mes de maio a posta en marcha da segunda fase do polígono de Baión.

    Redacción Salnés