Rasoeiro e Balonmán.com comezan co bo pé a liga

SALNÉS> Arrancou a liga esta fin de semana e non o puido facer de mellor xeito. Tanto Rasoeiro como Balonmán.com Salnés acadaron a victoria na xornada inaugural de Primeira Autonómica. De destacar foi o holgado triunfo dos meañeses que se impuxeron en Coirón ó Pontedeume por 15 goles de diferencia.

Partido cómodo e liderato provisional na volta do Balonmán.com Salnés á Primeira Autonómica. Os meañeses non tiveron problemas na súa estrea para levarse a victoria ante un rival chamado a loitar pola salvación.

Despois dun arranque igualado, a defensa 6-0 plantexada por Pedro Pérez atascou o ataque dos coruñeses que non puideron seguir o ritmo goleador dos locais. Así as cousas, ó descanso a diferencia xa era de nove goles para o Balonmnán.com, co 17-8 que reflectía o electrónico.

No segundo tempo continúou a mesma tónica. Con dominio local as rentas fóronse máis alá dos dez goles para rematar sendo de 15, co 34-19 final. A segunda parte servíulle a Pérez para probar cousas e meter en cancha ós xogadores que nun principio desfrutarán de menos minutos este ano.

Meritoria triunfo tamén para o Rasoeiro, que venceu a domicilio ó Tirso Molina por 28-31. Este foi un encontro moito máis igualado que o de Coirón. Na primeira metade os locais controlaron ben a situación e iso servíulles para marcharse 14-13 á pausa. Sen embargo, o forte arranque dos grovenses no segundo tempo, con protagonismo dos centrais Omar e Borja servíulles para abrir brecha no marcador e levarse ó encontro finalmente por tres tantos de diferencia. 

Na vindeira xornada o Rasoeiro xogará diante da súa afección ante o Seis de Nadal mentres que o Balonmán.com desprazase a Lalín para xogar ante Balonmán Deza.

Redacción Salnés