Un pontevedrés mata ó seu pai e fire á súa nai, un irmán e a unha veciña

    parricida100_211008.jpgPONTEVEDRA > Un pontevedrés de 32 anos acabou coa vida do seu pai onte á noite, deixando feridos a un irmán, súa nai e a unha muller, …

    {flowplayer}images/salnes/parricida.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > Un pontevedrés de 32 anos acabou ca vida do seu pai onte a noite, deixando feridos a un irmán, súa nai e a unha veciña, a que atropelou cando escapaba en coche, antes de chocar contra o muro de peche da vivenda desta muller. Os feitos ocorreron onte a noite no lugar de Touceda en Alba. O autor foi posto a disposición xudicial por homicidio doloso e lesións.

    A traxedia cebouse no lugar de Touceda, en Alba, Pontevedra. Pasadas as once da noite de onte, unha chamada na Centralita da Comisaría da Policía Nacional, procedente do 112, informaba que unha persoa estaba agredindo aos seus familiares. Esta persoa, un home de 32 anos, asestou varios golpes cunha barra de ferro, ao seu pai, seu irmán e súa nai, que foi quen chamou a Urxencias. Ata o lugar chegaron varias patrullas do Corpo Nacional de Policía, amais dunha ambulancia medicalizada do 061, que tan só puido certificar a morte de Juan Galván Magariños, de 65 anos.

    Na súa fuxida en coche, estrelouse contra o muro de peche dunha vivenda próxima á súa, atropelando á propietaria da casa, que se encontra hospitalizada en Montecelo. Despois diso, segundo os veciños, saíu, barra de ferro en man, á estrada de Santiago, onde o recolleu un home, pensando que tivera un accidente. Levouno ata a Comandancia da Garda Civil, a petición del, e alí acabou confesando o delito.

    Os veciños da parroquia non dan crédito ao ocorrido, Canal Rías Baixas puido falar con algún deles, fora de micro, e coinciden en que se trata dun rapaz agradable e educado, que estaba pasando por unha depresión e que pertencen a unha ‘familia modélica’. Tras escoitar a declaración do autor dos feitos, nas dependencias da comisaría provincial, levouse a cabo, segundo fontes do Ministerio do Interior, unha batida para localizar a arma, que estaba a uns douscentos metros do lugar dos feitos, na estrada de Santiago. O detido, foi posto a disposición da autoridade xudicial.

    Redacción Salnés