Rasoeiro e Agnusdei non conseguen levantar cabeza

balonman250_211008.jpgSALNÉS > En balonmán, crónica nefasta dos equipos do Salnés de Primeira Autonómica. Ambos regresaron ós seus feudos sen puntuar. O Rasoeiro do Grove xogou no campo do Mecalia Atlética Novás onde perdeu 33-31, mentres que o Albariño Agnusdei de Meaño perdeu 35-26 ante o líder, o Cangas.

O Rasoeiro non acaba de arrancar esta tempada e volveu a caer derrotado. Nesta ocasión visitou ó Mecalia Atlética Novás onde perdeu 33-31. Pese a todo, os do Grove estiveron mellor que en xornadas anteriores. O seu adestrador Jaime García considera que foi unha derrota diferente ás anteriores, posto que non regalaron un tempo e logo trataron de remontar.

Sen xogar un excelente partido, afirma que estiveron en todo momento metidos no encontro, a ta o punto de porse por diante a catro minutos do final. Pero a partir de aí, varias perdas de balón e ataques precipitados deron ó traste a remontada meca. O Rasu ocupa a última posición con 2 puntos, a 3 da cuarta posición que ocupa arestora o Balonmán Lugo, precisamente o vindeiro rival dos grovenses.

O Albariño Agnusdei Meaño só puido resistir quince minutos na casa do Cangas, o líder do grupo. A diferenza de nove goles coa que rematou o partido reflicte a superioridade dos locais. Os meañeses comezaron cunha intensa defensa e mandando no marcador (3-6 no minuto 10), pero a reacción do Cangas deixou fóra de xogo ó Agnusdei. Para os xogadores de Alejandro Touza foi un querer e non poder ante un rival moi superior.

Redacción Salnés