SOGAS alerta da crítica situación nos campamentos de refuxiados saharauis

    POBRA> Solidariedade Galega co Pobo Saharaui traballa xa na organización do programa Vacacións en Paz. A entidade pretende adiantar a chegada dos rapaces a Galicia ante a dramática situación que viven os campos de refuxiados, que podería derivar nun conflito bélico. O programa Vacacións en Paz achega cada ano a Galicia a numerosos menores procedentes dos campos de refuxiados saharauis que pasan o verán coas súas familias de acollida. Sen embargo, a difícil situación pola que atravesa o conflito do Sáhara fai temer un agravamento da tensión polo que dende Solidariedade Galega co Pobo Saharaui busca recursos para adiantar a evacuación dos menores. Paralelamente, a asociación fretou un autobús dende Galicia para participar na manifestación que se celebrará mañá en Madrid co obxectivo de frear a guerra e facer xustiza co pobo saharaui que leva xa máis de corenta anos de ocupación.