Canal Rías Baixas estrea o mércores o concurso ‘Vén á Vila’

    venavila100_271008.jpgVILAGARCÍA > Canal Rías Baixas incorpora o mércores á súa grella de programación o concurso Vén á Vila, …

    … elaborado por Mister Misto.

    A produtora Mister Misto comezou esta fin de semana a gravar o concurso Vén á Vila no plató instalado na praza de Galicia, en Vilagarcía. Un total de 12 parellas de A Illa, Ourense, Pontevedra e Vilagarcía, sométense ás probas que se lles propoñen no reality para poder facerse cos premios. En xogo hai un vale desconto, unha estancia nun hotel ou unha cea.

    Tres das parellas comezaron o sábado as súas carreiras por Vilagarcía seguidos en todo momento por unha cámara, para localizar os artigos que se lles pedían nunha longa lista de produtos e levalos de volta ó plató. O resultado desta primeira xornada poderano ver aquí, en Canal Rías Baixas, este mércores, ás once e cuarto da noite. Ademais do concurso, no programa inclúense seccións como a recuperación de comercios históricos, ou a inclusión de convidados para que conten onde realizan as súas compras.

    Mister Misto volverá o vindeiro sábado á praza de Galicia para continuar coa grabación. Esta singular idea está fomentada pola Área de Promoción Económica do Concello de Vilagarcía, co apoio de Caixanova e a Consellería de Innovación, co obxectivo de reactivar a actividade comercial da vila arousá.

    Redacción Salnés