Braga presenta en Pontevedra unhas xornadas turístico-gastronómicas

    bragaamesa_100.jpgPONTEVEDRA > O Concello portugués de Braga presentou onte en Pontevedra Braga á Mesa, unha iniciativa de promoción do turismo gastronómico.

    Entre o vindeiro día 17 deste mes e ata o 16 de decembro varios restaurantes desta cidade ofrecerán menús especiais típicos do lugar a prezos asequibles para animar a que os galegos nos acheguemos a degustar os manxares tradicionais destoutro lado do Miño.

    Por medio da gastronomía, os centros de hostalería tamén darán a coñecer outros aspectos desta rexión como o patrimonio arquitectónico e etnográfico. Ademais, durante este mes, os comercios do centro histórico pontevedrés recollerán fotografías de distintos lugares comerciais desta fermosa cidade norportuguesa.

    Este proxecto terá a súa contrapartida a vindeiros do ano que ven, cando o Concello de Pontevedra, en colaboración co centro comercial urbán, zona monumental, dispoñan unha exposición etnográfica en Braga; na que darán a coñecer o comercio, o turismo e a historia local.

     Redacción Salnés.