A Illa ten que gastar 80.000 euros ao ano polos atoamentos que causan as toalliñas do baño

A ILLA> As toalliñas do váter seguen dando problemas na Illa de Arousa. O concello fai un chamamento a non tiralas polo inodoro, polos problemas que causan na rede de saneamento. Estes días houbo atoamentos na estación de bombeo próxima ao Muelle de Pau, provocando pequenas verteduras ao mar. O goberno local lembra que ademais do impacto sobre o medio ambiente, a retirada das toalliñas supón un gasto anual de 80.000 euros.

Moitos pensan que son biodegradables e que se poden tirar ao váter, pero a cousa non é así. Na Illa de Arousa volven ter problemas coas toalliñas, que volveron atoa-la rede de saneamento.

Iso foi, precisamente, o que pasou estes días nesta estación de bombeo situada ao carón do Muelle de Pau. O atoamento provocou verteduras de augas residuais ao mar.

Porque iso, ademais do impacto sobre o medio ambiente afecta tamén a un sector clave na Arousa, como é o marisqueiro. O problema xera, ademais, malos cheiros, como se podía percibir esta mañá. E se iso fose pouco, ten ten tamén un gran custo para o concello: ao ano A Illa gasta 80.000 euros na retirada de toalliñas e compresas da rede de saneamento.

Os vídeos aos que se refire o alcalde son estes que estamos a ver e que foron publicados polo concello para concierciar á veciñanza e visitantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí