O Céltiga métese en ascenso, o Portonovo en descenso

futbol250_271008.jpgSALNÉS > As mellores novas continúan a chegar dende á Illa. O Céltiga gañou onte ó Cerceda, no derradeiro minuto e sitúase en postos de ascenso. Peor lle foron as cousas ó Portonovo que caeu goleado na casa ante o Ordes.

O Céltiga mandou de novo un serio aviso ós seus rivais: van ser un equipo a ter moi en conta este ano. Da man de Josiño Abalde os da Illa xa son cuartos na táboa con dezaseis puntos, logo de vencer onte a un dos galos da categoría, o Cerceda. Adiantáronse os visitantes cun gol de Felipe a pouco para o descanso, pero, tralo paso polos vestiarios reaccionaron os locais. 

No 52′ cambiou a decoración: penalti de Chistopher a Kelvin, vermello para o defensa do Cerceda, que quedou con dez, e gol de Camiño.

Despois de minutos de moita loita e pouca claridade para crear ocasións, apareceu Fran Matos, no 90′, anotou o segundo e deixou tres puntos valiosísimos na casa.

Despois da súa victoria no derbi a pasada semana, o Portonovo perdeu unha boa ocasión para refrenda-la súa recuperación e caeu na casa ante un rival directo como o Ordes por 0-3. Tras unha primeira metade igualada, Josiño fixo o primeiro para os visitantes no 60′  e pouco despois os de Milucho quedáronse con dez por expulsión de Diego Villaverde. A partir de ahí o dominio foi dos de Juancar que por mediación de Josiño e Cardelle aumentaron as diferencias.

Na zona media da táboa continuá o Vilalonga que foi mellor que o Pontevedra B pero non puido pasar do empate na Xunqueira (1-1). O filial granate púxose moi cedo por diante e Rubí empatou de penalti. Foron mellores os de Gabi Leis, tiveron ocasións como para vencer pero non estiveron acertados cara o gol.

Cos mesmos puntos que o Vilalonga está o Arousa, que empatou nun conplicado campo como o do Vao con remontada incluida. O Coruxo púxose 2-0 pese a que o dominio era dos de Laxes. Chiño saíu na segunda metade e revolucionou o ataque do conxunto vilagarcián para facer un doblete e levar a igualada ó marcador.

Destacar os resultados en Preferente Autonómica na que as cousas non foron demasiado ben: derrotas do Unión por 0-1 ante o Ponte e do Ribadumia por 1-0 ante o Ourense B, e empate na casa do Sanxenxo frente ó Celanova (1-1).

Redacción Salnés