O Rasoeiro métese na final de Copa pola porta grande

balonman250_290408.jpgPONTEVEDRA > O equipo de O Grove ven de meterse na final de torneo de Copa tras vencer nas semifinais ó Cisne Grupo Pirsa. O rival polo título dos de Lao Santos será o actual campión de Liga, la SAR Peguform.

O Rasoeiro continúa este ano a escribi-las mellores páxinas do libro da súa historia. Despois da gran temporada ligueira que firmaron, rematando cuartos, agora metéronse na final do torneo de Copa, tras vencer nun encontro moi disputado ó Cisne Grupo Pirsa de Pontevedra, por 26-28.

Na primeira metade saíu mellor o conxunto local, o Cisne, que soubo impoñer o seu ritmo de xogo para pouco a pouco acadar diferencias que chegaron a ser de ata cinco goles.

Ata ahí chegou Lao Santos, que decidíu cortar nese momento o encontro para pedir un tempo morto que espabilaría ós seus e que os metería de novo no partido antes do descanso, ó que chegaron dous abaixo.

Na segunda metade continuou a dinámica ascendente dos grovenses que se amosaron moito máis cómodos na cancha que o seu rival . Por iso foron quen de empatar e logo de poñerse por diante para desfrutar de ata catro goles de marxe, que ó final quedaríanse en dous.

De novo o peso do equipo puido sobre as invidualidades e os mecos acadaron o seu histórico pase á final. Nela atoparanse co conxunto máis forte do ano, o SAR Peguform, que eliminou ó Calfoncal Lavadores tras vencerlles 33-26. Os de Redondela xogarán estes días a fase de ascenso a Primeira Nacional despois de ser campións incontestables en Liga. Únha vez rematen o seu intento de promoción disputarase a final de Copa, en campo neutral.

Redacción Salnés