Balonmán e diversión, unidos no Campus Davor Cutura

PONTEVEDRA> O Colexio Los Sauces volve a acoller, un ano máis, o Campus Davor Cutura. Do 29 de xuño ao 6 de xullo, máis dun centenar de rapaces compartirán numerosas actividades nas que o principal protagonista será o balonmán. Ademais, nesta novena edición contarán coa presenza de xogadores e adestradores de primeiro nivel.

O balonmán pontevedrés ten esta fin de semana unha das citas máis importantes do verán. Un ano máis, a cidade volve a acoller o Campus Davor Cutura. Unha iniciativa que naceu hai xa 9 anos e que ten como obxectivo principal que os nenos se divirtan aprendendo.

Nesta novena edición participarán máis dun centenar de rapaces de toda España e incluso, de México. Dende alí chegará un grupo de 10 nenos e 3 adestradores que deciden cruzar o charco para participar nun evento xa consolidado na cidade de Pontevedra.

Con este campus preténdese inculcar unha serie de valores aos máis pequenos e así poder educar dende a base.

Ademais de adestrar e competir, do 29 de xuño ao 6 de xullo, todos os rapaces que participen neste Campus Davor Cutura realizarán diversas actividades como surf ou paintball. En todas elas, o deporte e a diversión estarán unidos.