Rasán cobra a débeda do Arosa e pon ó club contra as cordas

 VILAGARCÍA> Volven os problemas para o Arosa no aspecto económico. Se ben o traballo realizado nos últimos anos pola directiva de Manuel Abalo deu os seus froitos, a firma Rasán, co que aínda tiña contas pendentes o club arlequinado, ven de facer efectivo o cobro de case 21.000 euros. Algo que deixa á entidade da Lomba baixo mínimos ata final de temporada.

{flowplayer}images/salnes/DebedaArosa_200213.flv{/flowplayer} 

A empresa Rasán, de material deportivo, solicitara o pasado mes de novembro o embargo xudicial das contas do Arosa para poder cobrar os 20.800 euros que o club vilagarcián lle adebeda. Ambas partes acordaran que o pago realizaríase a final da presente temporada. Sen embargo, a empresa valenciana, de xeito unilateral, decidíu facer efectivo o cobro esta pasada semana. Un gasto co que agora non contaban na Lomba e que lles pon en apretos antes de cobrar os cartos procedentes tanto da administración como do sector privado. 

A única parte positiva deste asunto é que a débeda do club descende a pouco máis de 41.000 euros, correspondentes a unha póliza bancaria, polo que en apenas tres anos a nova directiva xa foi quen de reducir a súa débeda en 200.000 euros.

A partir de agora no Arosa toca redobrar esforzos. Solicitarán ás empresas que se anuncian nas vallas publicitarias da Lomba que paguen canto antes. Tamén pretenden aumentar o ritmo de venta de rifas. Contan con poder pagarlles ós xogadores do primeiro equipo a final de cada mes, aínda que advirten que podería haber retrasos.

Redacción Salnés