O Boiro aspira á permanencia trala vitoria ante o líder

BOIRO> A vitoria en Barraña volve situar ó Boiro na loita pola permanencia. Os tres puntos acadados fronte ó Pontevedra deixan ós barbanzáns no posto dezasete da táboa xeral tras asinar un fantástico encontro contra o líder. Ante unha grada abarrotada, o conxunto boirense amosou o seu dominio do balón, especialmente durante a primeira parte. No minuto trinta chegaba a primeira ocasión clara a centro de Armental que finalmente non puido encaixar o balón no portería de Edu. Minutos despois, os de Pontevedra protagonizaban unha dobre ocasión de Pablo Carnero. Sen embargo, non foi ata o minuto oitenta e cinco cando o marcador se moveu a favor dos locais co gol de Rubén Márquez tras un par de ocasións previas do líder que non chegaron a materializarse. A pesar da derrota, o Pontevedra continúa á cabeza da clasificación xeral mentres que o Boiro continúa nos postos de descenso empatado a puntos co Sanxenxo.