PP e AMeca cren que o Plan Económico aumentará a débeda municipal

    pleno_grove100_281008.jpgO GROVE > Partido Popular e Alternativa Meca consideran que o Plan Económico do Concello do Grove representa un endebedamento excesivo.

    {flowplayer}images/salnes/pleno_grove281008.flv{/flowplayer}

    O GROVE > Partido Popular e Alternativa Meca consideran que o Plan Económico do Concello do Grove representa un endebedamento excesivo.

    O portavoz do PP advertiu que o goberno local incumpre o plan vixente, no que se dixo que en tres anos non se incrementaría a débeda, ó acollerse agora a unha nova operación de préstamo. O alcalde lembrou que os 800 mil euros de endebedamento irán para investimentos de máis de 3 millóns de euros, que se cubrirán con subvencións. Unha solución que ve moito mellor que a adoptada polo PP cando gobernaba o Concello.

    Ayda Filgueira, de Alternativa Meca, cre que se pon en perigo a estabilidade orzamentaria e recomendou axustar máis os gastos ós recursos. Neste senso, criticou o aumento de ingresos por medio da suba de taxas e impostos. O alcalde recoñeceu que era unha decisión difícil pero necesaria.

    No pleno de onte, o goberno tamén se quedou só na aprobación do estudo de detalle da urbanización de Borreiros. Ademais, onte tomou posesión do seu cargo como edil do PP, Miguel Ángel Devesa.

    Redacción Salnés