Os pubs do Castro fartos das acusacións: ‘cumprimos coas normas, só queremos traballar e que a xente goce’

VILAGARCIA> Os hostaleiros dos pubs do Castro defenden o seu traballo. Os propietarios están fartos de que se lles culpe por todas as incidencias ou actos vandálicos que ocorren nas noites de Vilagarcía. Advirten que eles cumpren coas normas e que o único que queren é traballar, que a xente goce e mellorar a economía da vila.

Os hostaleiros do Castro están fartos de levar as culpas por todos o males que acontezan na noite de Vilagarcía. A última tivo lugar o pasado sábado cando un ou varios vándalos entraron nun garaxe e romperon cun extintor a fiestra dun coche, un feito polo que os veciños da zona culparon aos locais do castro. Os propietarios dos locais defenden que os feitos tiveron lugar máis de dúas horas despois de que pecharan os seus negocios.

Os locais do Castro tamén foron acusados de pechar fora do horario. Unha acusación que segundo os propietarios está lonxe da realidade, xa que teñen licencia ata as 3 da mañá pero as dúas e media comezan a pechar.

Os hostaleiros tamén defenden que cumpren con todas as normas e que non sobre pasan os límites do son.

Moitos dos propietarios dos locais son xente moza que rexentan os locais dende hai pouco. Senten que se lles está criminalizando e defenden que único que queren é traballar e facer que a xente goce.

Tamén queren destacar os beneficios para Vilagarcía do seu traballo. Xa que a apertura dos pubs axuda a que máis xente se anime a cear ou a hospedarse na vila, beneficiando economicamente a toda a veciñanza. Lamentan que se a situación continúa, algúns locais véxanse obrigados a pechar as súas portas.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí