Aberto o prazo para presentar alegacións a reparcelación en Cabo da Cruz

    alegacionsplanparcialcabo_100281008.jpgBOIRO > León pediu  colaboración aos veciños asegurando que agora é o momento de subsanar os erros do documento.

    O xoves da pasada semana abriuse o periodo de exposición pública e de presentación de alegacións a proposta de reparcelación de Cabo de Cruz no que está previsto emprazar más de cen parcelas urbanizables para a construcción de preto de seiscentas vivendas, das cales máis de 140 serán de protección oficial.

    Subsanación de erros

    Xoan León, concelleiro de urbanismo de Boiro, explicou que os propietarios dos terreos teñen tres meses para reclamar os defectos de forma, os erros nas medicións da parcelas ou os cambios de titulariedade que consideren oportunos.

    {flowplayer}barbanza/alegacionsplanparcialcabo.flv{/flowplayer}

    O edil de urbanismo espera que se presenten un gran número de alegacións, dado que xa se comprobou a existencia dun elevado número de erros, sobretodo no tocante as medicións das parcelas.

    Colaboración veciñal

    Por todo isto, insta aos veciños a colaborar co executivo local para que axilizar o posterior trámite de resolución destas reclamacións.

    Asemade sinalou que tras pecharse este periodo de alegacións non haberá volta atrás.León calcula que tras a resolución de alegacións, o proceso de urbanización en Cabo do Cruz podería iniciarse na vindeira primavera.

    Plan parcial de Boiro

    Por outra banda, o edil de urbanismo informou de máis de cen persoas presentaron alegacións ao plan parcial previsto para Boiro, despois de que o prazo rematara hai uns días. Arestora, sinalou León, comezará o estudio de todas estas reclamacións e unha vez que o proceso remate poderase iniciar a urbanización da zona.

    Redacción Barbanza