VILAGARCIA> Os usuarios da Asociación LAR Pro Saúde Mental bótanse á rúa para loitar contra os estigmas e os prexuízos. Organizaron en Vilagarcía unha actividade deportiva en plena praza de Galicia. A través do baloncesto, os membros desta entidade tiveron ocasión de achegarse á xente da rúa e rachar mitos ou prexuízos.
Unha canastra en plena praza de Galicia de Vilagarcía. Trátase dunha actividade impulsada pola Asociación LAR Pro Saúde Mental para acabar con estigmas e prexuízos. Unha proposta que busca visibilizar a saúde mental achegando os usuarios da entidade á xente da rúa.
Na proposta, os usuarios de LAR tiñan que achegarse aos transeúntes para convidalos a xogar con eles a botar unhas canastras.
Este é o segundo ano no que levan a cabo este proxecto. Partindo do deporte, logran rachar cos estigmas.
Unha proposta que os fai sentirse profesores, explicando á xente a actividade e mesmo dando consellos sobre como xogar. Así que xa saben, a próxima vez que vexan unha destas propostas pola rúa, non dubiden en achegarse, botar unha canastra e de paso, rachar cos prexuízos que aínda quedan na nosa sociedade.