O Vicesecretario nacional de Política Autonómica e Local do PP visita o Salnés

SANXENXO> O Vicesecretario nacional de Política Autonómica e Local do PP estivo coñecendo a comarca do Salnés. Vicente Tirado visitou diferentes localidades e reuniuse con empresarios da zona, entre eles representantes do CETS en Sanxenxo. Tirado recalcou o gran traballo que se está a facer na vila no sector do turismo e reafirmouse na súa aposta por facilitar os labores ós emprendedores.

O Concello de Sanxenxo é un dos puntos de turismo máis importantes na época estival. A vila reduce ata a metade o número de parados ca chegada do verán. O alcalde explicou a importancia da visita para aplicar políticas que potencien o turismo todo o ano.

O Vicesecretario nacional de Política Autonómica e Local do PP eloxiou ó Concello polo seu labor no sector do turismo. Considera que apostar por este sector é xerar emprego.

Vicente Tirado explicou que a reunión co CETS débese ó seu compromiso por axudar ós emprendedores e facer políticas que lle faciliten a súa labor.

O popular cualificou o turismo de Sanxenxo como un turismo de calidade e para todas as idades. Quere aprender do modelo da vila para aplicalo en todo o país.

Comments are closed.