A autovía da Barbanza incorpora gardarraís bionda

    gardarraisbiondaautovia_100281008.jpgBARBANZA > Os novos quitamedos xa están colocados a altura de Espiñeira e Vilariño en Boiro e no lugar da Mérce na Pobra.

    As obras na futura autovía da Barbanza acadan a súa recta final. Nestes días iniciouse a pavimentación da calzada esquerda do vial e comenzaron a situarse os primeiros paneis informativos. Tamén xa se iniciaron os traballos de instalación dos sistemas de protección viaria ca colocación dalgúns tramos de gardarrais bionda que sumarán en total máis de dezanove quilómetros lineais en todo o trazado da autovía.

    Incremento da seguridade viaria

    Tal como anunciara o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño e a Conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride nunha recente visita a Cabo de Cruz e atendendo a petición dos colectivos de motoristas, dende a pasada semana xa se comezaron a instalar en distintos tramos da futura autovía da Barbanza os gardarraís bionda cos que se pretende incrementar a seguridade dos usuarios desta infraestrutura, sobretodo daqueles que pilotan unha moto.

    {flowplayer}barbanza/gardarraisbiondaautovia.flv{/flowplayer}

    Os primeiros destes sistemas de seguridade viaria, que consiste nunhas láminas de aceiro adosadas ao pé do tradicional gardarrail, xa están colocados a altura de Espiñeira e Vilariño en Boiro e no lugar da Mérce na Pobra.

    O que se busca é evitar accidentes como o acontecido a pasada fin de semana na estrada Lalín-Folgoso, no que un motorista natural de Padrón perdía a vida ao ser seccionado por un gardarrail.

    Non obstante, este sistema de seguridade non se implantará en toda a autovía da Barbanza, senón naqueles tramos máis susceptibles de ser esceario dun accidente por saída de vía.

     

    Redacción Barbanza