Varias empresas do Salnés sufriron roubos con forza nos últimos días

    gilmar100_281008.jpgSALNÉS > Nos últimos días, varias empresas do Salnés, foron obxectivos de delincuentes. Gráficas Salnés, Martín Códax

    …Mariscos Gilmar, Gralicia e Salnés pan, sufriron roubos con forza nas súas instalacións.

    A Garda Civil xa ten no seu poder as denuncias interpostas polos encargados das empresas atracadas. Todas elas co mesmo modus operandi. Telesalnés Barbanza falou cos encargados de Gráficas Salnés, Mariscos Gilmar, Gralicia e Martín Códax.

    O roubo nas caixas fortes, é un denominador común e os individuos entraron rompendo portas ou xanelas e esnaquizando mobiliario ao seu paso. Amais, os presuntos ladróns, non fixeron caso de billetes pequenos e calderilla. No caso de Mariscos Gilmar, levaron oito mil cincocentos euros na noite do xoves.

    A Policía Xudicial analizará mostras e pegadas, e haberá que agardar case dous meses para saber algo mais.

    Non é a primeira vez que os Polígonos Industriais da zona vense atacados. Fai pouco desarticulouse unha banda de albano- cosovares, aos que xa tomaron declaración nos xulgados de Caldas de Reis, fai unhas semanas.

    O concello de Vilanova falaba da posibilidade de contar con cámaras de vixilancia no Polígono de Tremoedo, pero o certo é que os ladróns, burlaron sofisticadas alarmas e persoal de vixilancia en todas as empresas.

    Salnéspan, a boutique do pan no Polígono de Ribadumia, tamén foi vítima de roubo con forza estes días. Aínda non se sabe a canto ascenden os desperfectos ocasionados en tódalas instalacións en canto a mobiliario, portas ou portalóns, pero os danos, son considerables.

    Redacción Salnés