A POBRA> O concello da Pobra volve poñer en marca o programa Baila con Nós. Trátase dunha serie de obradoiros para dar a coñecer distintas modalidades de baile. desenvolveranse no colexio Salustiano Rey Eiras os días 20 e 27 de setembro.
Os días 20 e 27 de setembro, o concello da Pobra organiza unhas xornadas de portas abertas nas instalacións do colexio Salustiano Rey Eiras para dar a coñecer o programa Baila con Nós. Son catro sesións nas que poderán practicar linedance e baile social.
Os obradoiros estarán coordinados polo Taller Alecrín que ademais destas xornadas de proba impartiá cursos de baile ó longo de todo o ano no municipio. Aínda que son de balde é preciso inscribirse previamente no 698150432.










