La Caixa amplía a súa colaboración con APECO na edición do Boletín Deán

    POBRA> A asociación do Pequeno Comercio da Pobra presentou unha nova edición do seu boletín semestral que conta coa colaboración de La Caixa. Paralelamente, vén de asinar un convenio con esta entidade financeira que suporá numerosas vantaxes para os socios. O convenio, cunha vixencia dun ano, implicará beneficios, non só nas condicións de financiamento, senón que tamén aportará unha serie de servizos de valor engadido para os empresarios. Un exemplo é a posibilidade de que os comerciantes coñezan a evolución das súas vendas a través dos TPV. A colaboración con La Caixa materializouse tamén a través do apoio a unha nova edición do boletín do Deán. Esta publicación, de carácter semestral, recolle información sobre liñas de subvencións, reclamación ou as diversas campañas que promove a asociación do pequeno comercio. O boletín xa está a disposición da cidadanía en tódolos establecementos asociados así como na tenda escola O Deán.