Achan en Rianxo os restos óseos máis antigos do Barbanza

    achadorianxo100.jpgRIANXO> O concello de Rianxo vén de ser escenario dun achado arqueolóxico de valor incalculable.

    {flowplayer}barbanza/achadorianxo.flv{/flowplayer}

    Durante os traballos de restauración dunha vivenda situada no casco antigo da vila atopáronse varias tumbas con restos óseos. A datación estímase entre os séculos III e V despois de Cristo, polo que se trata dos restos máis antigos atopados na comarca da Barbanza. 

    Os propietarios da vivenda onde tivo lugar este achado nunca pudieron chegar a imaxinar que poderían ter vivido enriba dos restos dunha necrópole romana. O feito de que quixesen instalar un elevador no inmoble sacou a luz un dos achados arqueolóxicos máis importantes atopados na comarca da Barbanza.

    Trátase de varias tumbas, unha delas con restos óseos. Canda estas sepulturas, tamén apareceron a traza dunha antiga muralla, varias pezas de cerámica e un anaco dunha pedra dun muiño.

    Asentamento romano

    Segundo as primeiras estimacións, o xacemento data entre os séculos III e V da nosa era, en plena etapa romana polo que xa se pode falar dos restos arqueolóxicos máis antigos atopados en Rianxo. Ademáis evidencian que nesta vila existiu un asentamento romano.

    Crese que a súa boa conservación dos ósos é debido a salitre mariña, xa que a carón das tumbas atopouse area do mar. Grazas a este descubremento, segundo sinalou Piñeiro, os rianxeiros agora poderán coñecer polo miúdo a súa historia antiga.

    Redacción Barbanza