CANALRIASBAIXAS estrea a súa unidade móbil de televisión dixital

    unidad_mobil_recortada_100.jpgCORPORATIVO > CANALRIASBAIXAS ven de estrear a súa nova unidade móbil de televisión; un amplo vehículo dotado da máis moderna tecnoloxía que permite realizar e retransmitir, en directo ou diferido, calquera tipo de evento ou programa de televisión.

    Esta unidade móbil xa traballa a pleno rendemento, tal e como puidemos comprobar na gravación da XX Edición da Gala dos premios Dolmen de Ouro, na realización do magazine Verán Verán ou cada xoves na elaboración do programa de debate Contrastes; retransmitido desde o Hotel Ciprés en Vilagarcía de Arousa.

     No tocante as características técnicas, esta Unidade Móbil conta cunha mesa de vídeo dixital de 16 canales (SDI), 6 bobinas de cadanseus 100 metros para cámaras, sistema Tally, Intercom, microfonía inhalámbrica, grafismo, monitores TFT (SDI), e grabación dixital de vídeo e audio en varios formatos profesionais (DV, D9, DVD, MJPEG, etc.); interior_con_gente_200.jpg

    Esta Unidade Móbil está deseñada para ofrecer señal de realización (audio e vídeo) a outros medios de comunicación, productoras, axencias, etc., no formato que precisen, durante unha retransmisión.

    Para esta moderna Unidade Móbil de televisión, CANALRIASBAIXAS conta cun equipo técnico composto por ata 15 profesionais: (realizador, mezclador, sonidista, grafista, rexedor, seis operadores de cámara, axudantes, etc.). Tecnicamente, as posibilidades de traballo no ámbito audiovisual son moi variadas: podendo producir calquera tipo de programas ou retransmisións, cortometraxes, filmes, congresos, mitins, eventos deportivos, galas, desfiles, entrega de premios, …

    CANALRIASBAIXAS conta co aval de máis de catorce anos de experiencia no sector audiovisual galego.

    Os interesados poderán obter máis información na web www.unidademobil.tv

    Redacción Salnés