A depuradora do Umia instalarase en Barrantes e custará 9,6 millóns

    salome100_300708.jpgRIBADUMIA > Medio Ambiente xestionará a través da Mancomunidade a cesión de terreos para a nova depuradora do río Umia.

    {flowplayer}images/salnes/salome_medioambiente.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA > Tivo que esperar máis de dous anos, pero finalmente a alcaldesa de Ribadumia foi recibida polo conselleiro de Medio Ambiente. Na carteira, Salomé Peña, levaba proxectos como o da senda verde, o saneamento integral ou a nova depuradora no río Umia.

    A Xunta considera que o lugar máis axeitado para instalar a nova depuradora do río Umia é Barrantes, en Ribadumia. Así llo indicou o propio conselleiro de Medio Ambiente á alcaldesa Salomé Peña na reunión que tiveron onte en Santiago. Manuel Vázquez solicitoulle que fose este concello quen puxese os terreos a disposición pero a rexedora pediulle que o xestionara a Mancomunidade do Salnés, xa que daría servizo tamén a Vilanova e Cambados. A nova depuradora custará 9,6 millóns de euros.

    Este foi un dos compromisos adquiridos polo Conselleiro de medio Ambiente coa alcaldesa de Ribadumia. Manuel Vázquez tamén lle falou de impulsar o proxecto de senda verde, entre as pontes de Pontearnelas e Barrantes, unha vez que o Concello poña os terreos a disposición. Outro compromiso que conseguiu a alcaldesa foi que a Consellería revisará o proxecto de saneamento integral do municipio para completar este servizo no cen por cento das parroquias.

    A alcaldesa confía agora que non quede só en boas palabras e que os compromisos collan forma. Agarda, iso si, que non haxa que esperar dous anos e medio como xa pasou con esta entrevista.

    Redacción Salnés