Costas derruba a antiga escola de vela da Illa de Arousa

    ILLA DE AROUSA > A antiga escola de vela da Illa de Arousa situada na praia Area de Secada pasou vén de pasar á historia. A dirección Xeral de Costas ordeou o seu derrube por situarse en terreo de dominio público marítimo- terrestre. Esta edificación estaba abandoada dende fai anos e a súa desaparición era moi agardada por parte do Concello. Ás nove da mañá deste martes estaban preparados os operarios da empresa para comezar co derribo. A policía local, o alcalde e  técnicos da Dirección Xeral de Costas inspeccionaba o lugar para asegurarse de que todo ía segundo o previsto. Antes de que a pala comezara a funcionar abríronse todas as portas para comprobar que a edificación estaba baleira. Despois comezou o derrube.

    Este é o segundo derrube despois de que a Dirección Xeral de Costas asinara un contrato de mantemento coa empresa Tragsa para eliminar as edificacións situadas en dominio público marítimo terrestre. O primeiro en caer foi un chiringuito chamado ‘Xunca Verde’ no Concello do Grove. Trátase de limpar e conservar o noso litoral para todos os cidadáns. Na Illa a zona de Area da Secada é unha das máis visitadas polo verán. O concello leva actuando sobre estes terreos para facer máis fermoso o lugar, esta edificación danaba a imaxe da zona.

    Nos anos sesenta un veciño da Illa construíu a caseta hoxe derruída. Aínda que o principio era un lugar de almacenaxe de embarcacións converteuse nunha escola de vela que funcionaba só nos meses de verán. Fai xa varios anos que estaba abandonada polo que era sede dos rapaces no chamado ‘botellón’. Hoxe forma parte xa da historia da Illa de Arousa.

    Redacción Salnés