O BNG reclama que se subsanen tódalas deficiencias da autovía do Barbanza

    foto_bng100.jpgBARBANZA > A iniciativa parlamentaria presentada pola deputada Ana Pontón será debatida o vindeiro mércores

    A deputada do BNG, Ana Pontón, presentará no Parlamento unha iniciativa a través da cal insta á CPTOP, a darlle unha solución a tódalas deficiencias detectadas ó longo do actual trazado da autovía do Barbanza, a maioría delas referidas á reparación e reposición dos camiños existentes, á restauración dos accesos ás fincas que aínda permanecen cortados ou á previsión de recollida de augas e canalizacións. Dende a formación frentista son conscientes de que esta infraestrutura é de vital importancia para o desenvolvemento da comarca. Aínda así, as obras deben executarse, segundo eles, con total garantía, respectando os intereses dos veciños e prexudicándoos o menos posible. Por esta razón reclaman a solución urxente dos problemas por parte da empresa concesionaria das obras antes de que rematen os traballos.

    Solución á ponte de Ventín

    Entre as deficiencias detectadas ó longo de todo o trazado, Ana Pontón referiuse tamén á necesidade de mellora-la nova ponte construída na zona de Ventín, en Palmeira, cun tamaño inferior á anterior, e que debido á súa excasa anchura non permite o paso de dous vehículos á par.

    Redacción Barbanza