![]()
VILANOVA > 25 anos formando e dando clase a distintas xeracións de veciños da zona. O colexio público Viñagrande-Deiro celebrou…
…hoxe a cuarto de século entre pais, nais e mestres que gozaron das distintas actividades que o centro organizou para conmemorar esta data. Esta escola comezou a súa andaina alá polo curso 81-82. Estas son ás últimas xeracións que están a formarse no colexio público Viñagrande-Deiro. 107 nenos de entre 3 e 11 que dentro de 25 anos ben poderían estar onde están os seus pais agora: mirando con orgullo e certa nostalxia como gozan o seus nenos dun día tan especial. Exposicións de fotografía, actuacións e claro…non podía falta un bo xantar. Eso si…os nenos sabían perfectamente o que estaban a celebrar: o cumpreanos do seu colexio. Algúns pais e nais xa saben o que é estudiar neste colexio. O recordo é tan grato que agora…os seus fillo estudian aquí.
Unha xornada coma esta permite que se dean cita antigos alumnos, antigos mestres e novas caras. Algo que para os docentes do centro sempre é moi especial. Marieli Álvarez, directora do colexio, asegura que é moi reconfortante reencontrarse con antigos alumnos que gardan un recordo entrañable do seu paso polo centro. Agora só haberá que esperar outros 25 anos para poder recordar en familia estes vellos tempos e comprobar se as vindeiras xeracións seguen a confiar no bo facer deste colexio.
Redacción Salnés








