Política Territorial adxudica a redacción do proxecto da autovía Curro-Baión

    estrada_baion_curro100_301008.jpgSALNÉS > Política Territorial anuncia hoxe no Diario Oficial de Galicia a redacción do proxecto de trazado e construción da autovía Curro-Baión, …

    … entre Pontevedra e Vilagarcía. Estes traballos teñen un orzamento de 770 mil euros.

    A nova autovía terá unha lonxitude de preto de 9 quilómetros e a súa construción suporá un investimento duns 80 millóns de euros. Esta infraestrutura terá unha calzada de 26 metros de ancho con catro carrís (dous en cada sentido) separados por unha mediana.

    A adxudicación da redacción do proxecto desta autovía engádese á licitación, hai un mes, dos traballos para a construción do macro enlace de Curro, onde confluirán ademais desta nova estrada, a autovía do Salnés, a autoestrada AP-9 e a PO-531 entre Curro e Pontevedra.

    No outro extremo da nova autovía, á altura de Baión, conectarase coa Variante de Vilagarcía e coa nova estrada de acceso ao Porto de Vilagarcía. Di Política Territorial que a autovía Curro-Baión se configura como un eixo vertebrador das comunicacións da comarca de Arousa coa cidade de Pontevedra e viceversa.

    Xunto con esta adxudicación, a Consellería publica hoxe no DOG a adxudicación de estudos, proxectos e subministros de materiais para obras en toda Galicia por un total de 7,4 millóns de euros.

    Redacción Salnés