Maria Vilas á final dos oitocentos libres dos Campionatos de Europa

    RIBEIRA> A nadadora do Club Natación Ribeira, María Vilas, clasificouse esta mañá para a final dos oitocentos libres nos Campionatos de Europa de Natación que se están a celebrar en Londres. A ribeirense, clasificada xa para os Xogos Olímpicos de Río de Janeiro na especialidade dos catrocentos estilos, aspira a conseguir unha das prazas aínda pendentes para Brasil nos oitocentos libres, na que xa ten fixa a súa participación Mireia Belmonte. A pesar de non ser a súa especialidade, a de Castiñeiras sairá con todo na proba final que terá lugar mañá xoves pola tarde.