Aparecen dúas ‘narcolanchas’ nas praias do Vilar e Espiñeirido en Ribeira

RIBEIRA> A Policía Nacional investiga o achado de dúas ‘narcolanchas’  nas praias do Vilar e Espiñeirido, en Ribeira.

Trátase de dúas planeadoras que apareceron varadas a primeira hora desta mañá en ámbolos dous areais.

Foron uns particulares os que alertaron da súa presenza.

Á espera de determinar a súa orixe e as circunstancias que rodean o suceso, as embarcacións presentan as mesmas características das que se soen empregar para o narcotráfico coa parte superior pneumática e varios motores de gran potencia.

Tamén aparecían gran cantidade de bidóns, supostamente empregados para transportar combustible o necesario para facer a travesía.

Unha delas tiña ademais un radar. Todo fai pensar que foron utilizadas para transportar droga a pasada noite e, unha vez realizada a descarga, os traficantes abandonaron as embarcacións nestes dous puntos, próximos entre si, e de difícil acceso por terra.

A Policía, que custodiaba as dúas embarcacións, traballa xa na súa retirada, para o que conta co co apoio do Grupo de Emerxencias Municipal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí