Mandisa Stevenson, nova xogadora do Extrugasa

baloncesto250_041108.jpgVILAGARCÍA > Boas novas para o Extrugasa. Despois de varias semanas de búsqueda, a directiva xa deu coa xogadora interior que virá a suplir a Meredith Alexis. Trátase de Mandisa Stevenson, norteamericana e con experiencia na Liga Feminina española. Fichou ata o mes de decembro con posibilidade de amplia-lo contrato ata finais de temporada si convence ó cadro técnico.

{flowplayer}images/salnes/Baloncesto_041108.flv{/flowplayer}

Despois dunha pretemporada case caótica e dúas fichaxes que resultaron ser dúas decepcións, chega a pívot tan desexada dende principios de verán cando se confirmaron as marchas de Kress e Ciudariene.

Trátase de Mandisa Stevenson. Non é ningunha estrela pero as súas características físicas poden darlle ó equipo aquelo que agora lle falta: presencia no xogo interior. Mide 1,92 metros, ten 26 anos e unha dilatada experiencia na NBA feminina, onde pasou por Seatle, Phoenix e San Antonio. Ademais, xogou en Francia e a temporada pasada en España, un punto a favor, militando nas filas do Extremadura Dato, aínda que se perdeu boa parte da competición debido a unha lesión que sufríu precisamente en Fontecaremoa. 

A pívot norteamericana non será presentada ata a semana que ven aínda que unirase ó grupo mañá en Oporto, xa que o equipo parte mañá cara Coimbra onde disputará partido de Eurocup ante o Olivais o xoves. Un encontro no que parten como favoritas e lles pode dar medio pasaporte para a vindeira fase.

A flamante fichaxe do Extrugasa verá o choque dende a bancada aínda que podería debutar a fin de semana en Liga. As vilagarciáns viaxarán o venres directamente dende Portugal ata o País Vasco onde se enfrontrarán o sábado ó Hondarribia, na séptima xornada ligueira.

Redacción Salnés