Boa xornada na Preferente Sur, nefasta na Terceira

futbol250_141209.jpgSALNÉS> Ningún dos representantes do Salnés na Prefente Sur perdeu nesta xornada. Portonovo e Sanxenxo empataron mentres que Cambados, Arousa e Ribadumia sumaron os tres puntos. Na Terceira, derrotas de Vilalonga e Céltiga.

Victoria balsámica do Arousa (2-1), a segunda consecutiva, que os volven colocar apuntando cara arriba na clasificación. Foi nun partido tolo, sobre todo na segunda parte, tras uns primeiros 45 minutos de dominio local. Os tres goles chegaron en accións protestadas, por fóra de xogo. Así Fito adiantou ó Arousa no primeiro acto. Tralo paso polos vestiarios, o Caselas adiantou liñas, foise a pola victoria e o partido volveuse un correrrúas. Houbo ocasións dun e doutro lado e os primeiros que acertarían serían os visitantes, mediado o segundo tempo Bruno facía o empate. De ahí ó final o Arousa dispuxo das mellores ocasións. Camiño lanzou fóra a pota baleira. Pouco despois o Caselas quedaríase con dez por expulsión de Denis, totalmente xusta. A entrada sobre Nelo foi terrorífica. E o gol do triunfo chegaría a cinco para o final; de novo nunha acción na que os visitantes reclamaron fóra de xogo. Desta volta Camiño non errou. Tres puntos vitais para un Arousa que terá que afrontar un duro calendario nas vindeiras semanas. Enfrontarase ós tres primerios clasificados: visita a Porriño e Choco e recibe ó Estradense.

Importante tamén foi o triunfo do Ribadumia (3-1), segundo consecutivo que o afasta do descenso. Gran partido dos de Carducho que foron superiores durante os 90 minutos. Ramón, Iago e Berto asinaron os tantos nunha primeira media hora da segunda metade primorosa na que desarbolaron a defensa do Rápido Bahía.

Tamén lle facía falta vencer ó Cambados para non quedarse enganchado na parte baixa e así o fixo. Puido incluso golear ó Cruceiro nun encontro que dominaban por 0-2 ó descanso. Pese a que os locais reduciron as diferencias no segundo tempo, o bo facer dos de Carregal permitíulles quedarse cos puntos.

Mentres o Portonovo e o Sanxenxo alónxanse da cabeza logo de ceder sendos empates a domicilio. Os de Calucho non puideron pasar do empate ante o Marín (1-1), o tanto conseguíuno Minso.

Mentres os portonoveses pagaron caros os seus erros en defensa para acabar empatando en campo do Celanova (3-3). Tinaia dúas veces e Se gura, fixeron os goles dos de Rial que dominaron no xogo e no marcador durante moitos minutos pero que foron incapaces de reter o triunfo.

Na Terceira, derrotas tanto de Céltiga como de Vilalonga a domicilio, ambos caeron polo mesmo resultado, 1-0. Os celestes onte no Morrazo, ante o Alondras, nun dos peores partidos da temporada en canto a xogo dos de Gabi Leis que aguantaron con 0-0 no marcador ata o minuto 90, cando se producíu a xogada decisiva e polémica do choque. O gol do defensa local Toni puido vir precedido dunha falta ó meta Roberto Pazos.

 O Céltiga pola súa parte pagou cara a súa mala primeira metade ante o Vilalbés. Tiveron que xogar contra o resultado durante gran parte do partido e non foron quen de perforar a meta rival pese a dispoñer no segundo tempo de varias ocasións, a mellor nas botas de Roberto que lanzou ó pau.

Estas dúas derrotas deixan a Céltiga e Vilalonga en metade da táboa á espera dos vindeiros partidos como locais na xornada adiantada a este mércores.

Redacción Salnés