Prosigue a marcha imparable de Junquera e Barbeito

futbolsala250_041108.jpgSALNÉS > Bos resultados os acadados polos conxuntos do Salnés na última xornada ligueira. Tanto Grupo Junquera como Hermanos Barbeito acadaron os tres puntos nos seus desplazamentos e continúan nos postos altos da táboa.

O Grupo Junquera continúa intratable na 1ª Nacional B. Os vilagarciáns permanencen terceiros na xeral seguindo de preto a O Esteo e Cesuras, que o aventaxan en dous e tres puntos, respectivamente.

Nesta xornada foi o Troula F.S. o que sufríu o rodillo do Junquera. Os de Diego Mollinedo controlaron o encontro dende o primeiro minuto, impoñendo como sempre un alto ritmo de circulación de balón e creando ocasións de gol cada minuto.

As cousas non tardaron en poñerse de cara; no minuto doce xa vencían por 0-2, con tantos de Gelabert e Marcos. Así se foron ó descanso.

Na segunda metade o Junquera continuou co seu dominio e agrandando diferencias; os locais, foron quen de poñerse 1-3, pero os vilagarcián pisaron o acelerador e de novo Gelabert e Eric, anotaron dous goles máis para poñer o 1-5. Nos derradeiros cinco minutos o Troula puido maquillar o resultado e con porteiro-xogador puxeron o 3-5 final, grazas tamén á lóxica relaxación visitante.

A vindeira semana volven a xogar fóra desta volta ante o Concello de Trabada, conxunto de metade de táboa.

O Hermanos Barbeito pola súa banda continúa en clara ascensión. Partido a partido mandan un aviso ós seus rivais de que van moi en serio e de que van ser un dos equipos que estarán arriba ó final. Levan cinco victorias consecutivas; as tres últimas foran polo mesmo resultado, 7-2. esta última ante La Crema Bar Arranca, por 3-7.

Nova goleada aínda que con certo sufrimento. O encontro vivíu tres fases. Ata o minuto 25, dominio incontestable dos portonoveses; puxéronse 0-3. Logo, sesteraron e deixáronse empatar a falta tan só de cinco minutos.  Para rematar, enchufáronse, meteron catro goles nun abrir e pechar de ollos e deron un golpe eniba da mesa demostrando o seu poderío.

O gran protagonista do encontro: Javi Santos. Foi autor de seis tantos. Espectacular. Agora agarda a vindeira semana o Concello de Villamartín, conxunto tamén da zona morna da clasificación.

Redacción Salnés