A asociación de empresarios de Ribeira confía no apoio cidadá para reflotar o comercio local

RIBEIRA> A asociación de empresarios de Ribeira mantivo un encontro co alcalde para solicitar o máximo apoio das administracións nesta difícil situación. A patronal traballa para minimizar os efectos da crise sobre a economía local co obxectivo de que ningún autónomo teña que pechar.

Temor e incerteza son as sensacións que definen o estado dos miles de autónomos afectados por esta crise. A maior parte deles están parados, sen ingresos e non saben cando poderán volver á actividade. Na asociación de empresarios de Ribeira, integrada maioritariamente por comerciantes e hostaleiros, traballan de xeito incansable para minimizar os efectos da crise. Xa mantiveron contactos co alcalde e co resto de grupos políticos para solicitar a súa colaboración. Están inmersos ademais no deseño de dúas campañas para incentivar as compras no comercio de proximidade unha vez que reabran os locais.

O apoio da cidadanía será clave para que o comercio repunte tras un paro que chegou no peor momento coincidindo co inicio de tempada.

Á espera de poder reabrir canto antes , a patronal proporcionará as máximas garantías de seguridade ós seus asociados entre os que comezarán a distribuiír máscaras protectoras.