O mexillón volveu reinar en Cabo de Cruz

BOIRO> O mexillón volveu reinar en Cabo de Cruz e conseguiu atraer a miles de visitantes.

Había ganas desta festa, despois de oito anos sen celebrarse, converténdose unha vez máis nunha das citas gastronómicas máis multitudinarias das que se celebran por toda Galicia.

A organización preparou diversos pratos para degustar o molusco rei das nosas rías, como é o caso da empanada, á vinagreta ou incluso hamburguesa, aínda que o prato con máis éxito foi o de toda a vida, o mexillón ó vapor.

Dende a organización da festa, na que ademais do Concello e a consellería do Mar se implicaron as asociacións de mexilloeiros Asmecruz, A Marxa, Amebarraña, Virxe do Carme, Opmega e A Boirense, destacouse o éxito acadado nesta edición.

Xunto ás autoridades locais, co alcalde José Ramón Romero á cabeza, non fallaron á cita a directora do Intecmar, Covadonga Salgado, en representación de la consellería do Mar, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.