O SERGAS ampliará o servizo de diálise no Barbanza

    ampliaciondialise100.jpg BARBANZA> A Xunta non privatizará o servizo de diálise do hospital do Barbanza. Finalmente será o SERGAS quen asuma a súa ampliación.

    {flowplayer}barbanza/ampliacionservizodialise.flv{/flowplayer}
     
    A presión social para evitar que o servizo de diálise no Barbanza pasara a mans dunha fundación privada dou finalmente os seus froitos. A unidade, considerara un modelo de referencia, seguirá a depender do SERGAS que ampliará o servizo a seis días á semana.
     
    Polo momento procedeuse á contratación dun nefrólogo e aínda que está previsto contar con máis persoal de apoio, inicialmente os traballadores actuais ampliarán a súa xornada para poder poñer en marcha o servizo antes de que remate este mes.
     
    Referente de calidade
     
    A nova foi acollida con tremenda satisfacción pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza que, dende sempre apostou polo mantemento dun modelo que conta con varios certificados de calidade.
     
    Redacción Barbanza