O BNG pide máis axentes para mellorar a seguridade cidadá

    bngribeirapolicia_100_150110.jpgRIBEIRA> A agrupación local do BNG presentou unha iniciativa na que demanda a mellora da seguridade cidadá .

    {flowplayer}barbanza/bngribeirapolicia.flv{/flowplayer}

    Segundo explicou a voceira do BNG de Ribeira, Dominga Brión, os roubos que nos últimos meses afectan a moitos negocios e mesmo particulares do municipio están xerando inseguridade entre a cidadanía.

    Para os nacionalistas ribeireses a entrada en vigor da Relación de Postos de Traballo (RPT), lonxe de mellorar os servizos os públicos, algúns deles, como é o que ven prestando a policía, sufriu un importante deterioro. Primeiramente, porque non se recolle a dispoñibilidade horaria que viñan prestando os axentes, co cal, afirma a voceira nacionalista, dificultase a cobertura de baixas ou servizos especiais, e mesmo o servizo que se presta diariamente, especialmente pola noite, pode verse reducido.

    Por outra banda, para os nacionalistas de Ribeira, a escaseza de efectivos na policía local tamén incide na calidade do servizo que se presta aos cidadáns. Na actualidade conforman o cadro de persoal vinte e seis axentes coa previsión de que se incremente ata os trinta e dous. Con todo, o número de membros que conforman o corpo policial dista do establecido na normativa vixente.

    Por tal motivo, solicitarán ao grupo de goberno que busque unha solución axeitada consensuada cos membros da policÍa local e que se complete o antes posible o organigrama previsto de trinta e dous axentes co obxectivo de salvagardar a seguridade cidadá.

    Redacción Barbanza