Dúas persoas resultan feridas na recta da Goulla ó colisionar os seus vehículos

    accidente_100.jpgMEIS > Esta tarde produciuse un novo accidente de circulación na estrada Po 531 que une Vilagarcía con Pontevedra.

    Os feitos aconteceron pouco antes das tres da tarde no punto kilométrico 13.400 á altura do lugar de Porrelo, en Meis. Nesta recta un rapaz novo, ós mandos dun Citroën c4 de cor vermella e matrícula 2350 dmc, procedente de Pontevedra estaba intentando desviarse á esquerda para acceder ó taller de aluminios onde traballaba. Ó iniciar á manobra foi colidido por outro vehículo de cor gris que se atopa adiantándoo.

    Como resultado da colisión á muller que conducía o Kía gris resultou ferida leve e o rapaz do Citroën C4 tivo que ser escarcerado polos bombeiros do Salnés. Ca forza do impacto os dous vehículos foron a bater contra o muro de peche dunha casa situada neste punto e tamén contra varios postes colindantes.

    A propietaria da vivenda, alertada polo estrondo, saíu do seu interior e xa se atopou cos vehículos sinistrados. Pensa que o exceso de velocidade puido estar detrás do acontecido.

    No accidente interviron varias unidades da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros do Salnés, amais dos servicios sanitarios, que tiveron que trasladar de urxencia ó conductor do Citroen C4 ata o Hospital Domínguez de Pontevedra. No tocante á vivenda, resultaron danados o muro de contención, o xardín e o subministro eléctrico e telefónico.

    Redacción Salnés