Desvélanse os gañados do I Premio de Investigación Alexandre Bóveda

    xurado_premio_100.jpgPONTEVEDRA > Onte a tarde deuse a coñecer en Pontevedra o fallo do xurado do Premio de Investigación Alexandre Bóveda.

    Nesta primeira edición o premio foi compartido entre dous traballos referentes ó eido das ciencias sociais sobre Galicia. O primeiro deles titulado O que fixemos en Galicia. Ensaio sobre o concepto da práctica xenocida e o outro Fluxos Migratorios e a escola intercultural: un estudo diagnóstico en Galicia.

    Os creadores destes dous traballos, e por tanto gañadores ex equo do premio Alexandre Bóveda foron Antonio Míguez Macho e Sara López Gomez, respectivamente, cun ensaio e cun estudio empírico.

    Míguez Macho versou o seu traballo en bibliografía moi diversa pero basicamente anglosaxona sobre o tema que ten que ver ca limpeza de sangue e o xenocidio. López Gómez, no seu canto, elaborou un estudio empírico sobre o problema da emigración e inmigración e as dificultades que poden encontrar as comunidades de emigrantes na súa inclusión e introducción nun marco cultural e educativo completamente distintos ós da súa procedencia.

    Estes dous gañadores repartiranse un total de 20.000 euros dos que consta o premio, tal e como determinou o xurado; presidido por Ramón Villares Paz. O acto de entrega terá lugar o vindeiro día 27 deste mes, á unha da mediodía neste mesmo centro social de Caixanova.

    Redacción Salnés