Ruíz logra salvar ‘in extremis’ o proxecto do novo auditorio

RIBEIRA> A polémica sobre o proxecto de construción do novo auditorio de Ribeira centrou boa parte da atención do pleno celebrado onte pola noite. O executivo logrou sacar adiante finalmente este punto co apoio do Partido Socialista. O resto dos grupos da oposición votaron en contra.

Foi sen dúbida o punto estrela, non falto de polémica e que centrou boa parte do debate no pleno de onte. O PP conseguía ‘in extremis’ salvar o proxecto co apoio dos socialistas, que arrancaron o compromiso do alcalde de presentar a súa renuncia no caso de que a aportación das arcas municipais para a construcción do novo auditorio superaba o millón douscentos cincuenta mil euros, cantidade acordada pola corporación en novembro.

O resto dos grupos con representación na corporación, tanto o BNG, coma o PBBI e Suma Ribeira, decidiron votar en contra, ó entender que se produciran numerosas irregularidades no proxecto que facían desconfiar del.

Coa desestimación, o proceso continúa adiante, polo que non haberá que realizar un novo concurso, coas conseguintes demoras que podería conlevar. Xa queda menos entón para que os ribeirenses poidan disfrutar dun novo auditorio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí