PORTO DO SON> A conselleira de Política Social, Fabiola García, presentou esta mañá no campamento xuvenil Virxe de Loreto, o programa da Xunta de actividades de verán para mozos. Ofertaranse preto das oito mil prazas, mil máis ca o pasado ano, das que 185 serán destinadas a persoas con algún tipo de diversidade funcional.
‘O verán que mereces’. Este é o lema da campaña de verán que vén de lanzar a consellería de Politica Social destinada ós mozos galegos. O programa de actividades foi presentado esta mañá pola conselleira Fabiola García no campamento Virxe de Loreto , en Portosín. Desenvolveranse de xullo, agosto e setembro, cun total de 7.830 prazas, mil máis que o ano pasado.
Na presentación a Conselleira destacou tamén tres novidades da campaña deste ano.
A Xunta anunciou tamén que manterá o protocolo específico fixado no ano pasado para os campamentos de verán.
O prazo de solicitude será de sete días a partir do vindeiro 20 de maio, lunha vez publicado o anuncio no Diario Oficial de Galicia.