Un libro catálogo profundiza na historia do naufraxio do Santa Isabel

    RIBEIRA> O éxito da exposición sobre o naufraxio do Santa Isabel foi tal que o concello decidiu recompilar todo o material nunha publicación. A publicación, que conta co apoio da Deputación da Coruña, acompaña o arquivo fotográfico e documental con textos de diferentes expertos. A semana pasada pechábase a exposición sobre o naufraxio do Santa Isabel que, dende o mes de outubro, recibiu preto de catro mil visitas. Pero o periplo desta exitosa mostra non acaba aquí xa que o concello e a Deputación da Coruña veñen de editar un libro catálogo acompañado de textos escritos por expertos nos diferentes campos relacionados con este fito histórico. Ó longo de catrocentas oito páxinas o lector poderá coñecer, non só os feitos que rodearon o naufraxio do Santa Isabel na costa ribeirense, senón detalles sobre a construción do barco, o contexto histórico ou a vida dos protagonistas da traxedia. A publicación, que leva por título ‘O Santa Isabel. Emigración, traxedia e Heroísmo’ , estará a disposición do públicos nas diferentes bibliotecas, centros educativos e institucións que contribuíron ó exito da mostra.