Conta atrás para o XXXVI Certame Audiovisual do Liceo

    certame_curtas100.jpgVILAGARCÍA > Faltan dous días para que comece a trixésimo sexta edición do Certame Audiovisual Internacional do Liceo…

    … Casino de Vilagarcía, que arrancará este xoves. Durante tres días, vintecinco curtametraxes loitarán por conseguir un recoñecemento neste concurso que está considerado o evento audiovisual máis antigo de toda Galicia.

    Os amantes do sétimo arte que se acheguen esta semana ao Certame de Curtas do Liceo Casino de Vilagarcía atoparanse coas caras de actores de fama consolidada coma Luis Tosar, Álex Angulo ou Arturo Valls e mesmo futbolistas internacionais coma Fabio Cannavaro. Estas personaxes protagonizan varias das curtas que participan neste certame e que, durante tres días, tratarán de acadar algún recoñecemento neste concurso audiovisual que está considerado un dos máis relevantes de Galicia.

    Este evento audiovisual pretende dar valor ás curtas cinematográficas que, normalmente, quedan fora dos circuítos comerciais de cine pero que non por iso son de menos calidade.

    Ademais da proxección de curtas dentro da sección oficial da competición, o festival conta con outras seccións como a dedicada ás retrospectivas, que nesta edición recordará a figura de Jesús Méndez Méndez, ou a que repasa outras obras cinematográficas. Dentro da programación paralela a este certame haberá varias proxeccións de obras destacadas no panorama audiovisual nas que participaron directores e actores galegos. Unha sesión de actividades completará a programación deste certame con concertos, mesas redondas e xornadas experimentais.

    Tres directores arousans presentarán os seus traballos fora de concurso nesta certame audiovisual que arrancará este xoves cunha sesión inaugural a partires das 9 da noite. Os artistas locais Tita Portela, David Blanco e Xabier Marqués exhibirán os seus traballos entre as proxeccións que se levarán a cabo ata o vindeiro domingo.

    Redacción Salnés