A unión marítima do Salnés e Arousa Norte dá un paso adiante

    fotomancomunidadescopia.jpgCAMBADOS> As Mancomunidades do Salnés e Arousa Norte mantiveron esta mañá o primeiro contacto cos empresarios do sector náutico.

    {flowplayer}images/salnes/RutasMancomunidadesArousa.flv{/flowplayer}

    Os xerentes das Mancomunidades do Salnés e Arousa Norte reuníronse cos empresarios do sector náutico da Ría de Arousa. ¿O obxectivo? Poñer sobre mesa a viabilidade de establecer unha ruta marítima que una as dúas beiras da Ría de Arousa. Trataríase por unha banda dun trasporte regular e, pola outra, do fomento dunha ruta turística baseándose sobre todo na ruta xacobea.

    A desta reunión foi a primeira toma de contacto. Unha xuntanza a xeito de táboa redonda, onde os representantes de ambas mancomunidades pretendían coñecer, de man do propio sector náutico, as posibilidades e debilidades deste proxecto. Un proxecto levado a cabo pola Xunta de Galicia e cofinanciado con fondos FEDER.

    Un dos principais puntos fortes cos que conta esta iniciativa, segundo as mancomunidades, sería a posta en valor da Ruta Xacobea, a Traslatio do Apóstol. Fomentar esta ruta, supón facer un chamamento a un amplo número de visitantes que chegan a estas comarcas como peregrinos.

    Entre os principais problemas que plantexou o sector náutico atópase o das mareas. A dificultade de establecer uns horarios determinados para as viaxes, debido ós cambios que se producen nas mareas e ás dificultades nalgúns destes casos para navegar. E a isto únese a dificultades para atraer ó número preciso de usuarios para que a viaxe resulte rendible. Fronte a isto, dende as mancomunidades plantéxase a promoción como o comezo para levar a iniciativa a bo porto. A posibilidade de dar a coñecer este servizo e de atraer a grupos o máis grandes posible, levando a cabo unha tarefa de programación e organización previa.

    Redacción Salnés