![]()
PONTEVEDRA> A deputada provincial Begoña Estévez presentou esta mañá os campamentos de verán que se van celebrar na Cidade Infantil Príncipe Felipe. Ofértanse 350 prazas.
{flowplayer}images/salnes/CampamentosPrincipeFelipe_220312.flv{/flowplayer}
Os campamentos polideportivos de verán Príncipe Felipe están destinados a rapaces de entre 6 e 14 anos. Haberá 350 prazas dispoñibles, que serán adxudicadas mediante sorteo informático ante notario. O prazo de inscripción remata o 14 de abril e pode realizarse na Oficina de Información ó Cidadán, na sede da Deputación en Vigo ou ben na propia Cidade Infantil Príncipe Felipe.
As actividades realizaranse en sete quendas semanais entre os meses de xullo e agosto e en cada unha delas participarán 50 rapaces. Irán dende saídas ó medio natural, padel, tiro con arco, deportes en equipo, actividades acuáticas e obradoiros. O que se pretende con estes campamentos polideportivos é conciliar a vida familiar e darlle un entretemento ós rapaces durante a época estival.
Haberá dúas modalidades: internos, en pensión completa a un prezo de 130 euros ,ou externos, a 80 euros por neno, que entrarán ás 09:30 e sairán ás 20:00.
Redacción Salnés








