A ILLA> A Illa de Arousa crea un vídeo para amosar á veciñanza como será o resultado final da Praza do Regueiro. O espazo atópase en obras na actualidade e o seu aspecto mudará por completo. O resultado final será unha praza máis ampla, accesible e segura para os peóns.
Neste estado atópase na actualidade a praza do Regueiro na Illa de Arousa, e de está forma estará cando rematen as obras de renovación. O concello creou un vídeo para amosarlle a veciñanza como será o resultado final.
As obras mudarán por completo a Praza do Regueiro. A vía de saída separarase das vivendas para favorecer a seguridade, a praza será diáfana grazas a eliminación de todas as barreiras arquitectónicas e ademais mellorarase a iluminación e o sistema de pluviais. Segundo o alcalde, a nova praza contará con todos os detalles.
A praza do Regueiro é unha zona moi importante da Illa de Arousa, xa que fan uso dela dende os máis pequenos aos máis maiores. A nova praza será máis atractiva e cómoda para axudar tamén a impulsar a economía da Illa.
As obras avanzan a bo ritmo e a previsión é que se rematen no mes de febreiro de 2023.