O BNG pide que se corrixan irregularidades nunha urbanización en Cubeliños

    bnglicenza_100_111108.jpgRIBEIRA > O BNG de Ribeira solicitou ó executivo local que comprobe a legalidade da urbanización que se está a contruír na zona de Cubeliños.

    {flowplayer}barbanza/bnglicenza.flv{/flowplayer}

    A urbanización Mirador de Cubeliños que se está a construír a carón da gardería municipal de Ribeira está no punto de mira do BNG. Os nacionalistas sospeitan que as obras que se están a executar poderían non axustarse á legalidade.

    ‘Trato de favor’

    A primeira das anomalías é que a ordenanza que regula este tipo de edifciación no PXOM ribeirés é a denominada ‘residencial intensa colectiva en manzana’ que establece unha parcela mínima de cen metros cadrados con fronte mínima de seis metros con fondo máximo da planta baixa de 25 metros e 18 nas superiores. Para os nacionalistas, este feito supón un trato privilexiado posto que a urbanización atópase rodeada de parcelas calificadas como chan rústico.

    Irregularidades

    Independentemente do suposto trato de favor, dende o BNG cren que a edificación non respecta algúns parámetros da licenza reguladora, especialmente no tocante ó exceso de edificabilidade e os deslindes.

    Por este motivo, presentaron unha iniciativa no concello instando ó goberno local a comprobar o cumprimento dos criterios técnicos establecidos na normativa. De non ser así, reclaman que se proceda á súa paralización inmediata.

    Redacción Barbanza