A Batiola pide que se contemple un plan especial para os Areeiros no PXOM

    areeiros_100_131108.jpgRIBEIRA > Despois de que a Audiencia Nacional desestimara o seu recurso, os veciños da zona dos Areeiros volveron reunirse para buscar solucións

    {flowplayer}barbanza/areeiros.flv{/flowplayer}

    … que permitan reduci-la zona de servidume de proteción de costas a 20 metros. Os afectados acordaron solicitar un plan especial no planeamento urbanístico de Ribeira que limite a edificabilidade na zona permitindo unicamente a construción de vivendas unifamiliares.

    Aínda que a asociación veciñal presentará recurso de casación en contra da sentenza da audiencia nacional, os afectados teñen moi poucas esperanzas postas na vía xudicial. É por elo, que tentarán agora recorrer a unha solución política solicitando que a Dirección Xeral de Costas reconsidere o deslinde a través dun plan especial para os Areeiros.

    Os representantes da Batiola reuniranse nas próximas semanas cos membros da corporación municipal e posteriormente elevarán a súa proposta ó Parlamento coa fin de que se permita actuar urbanísticamente nos Areeiros en harmonía co entorno, tal e como está consolidado na actualidade.

    Tralos fallos xudiciais na súa contra, os afectados consideran que está é a única alternativa para conseguir que se reduza a zona de servidume de protección de cen a vinte metros.

    Redacción Barbanza