As opcións de pase do Extrugasa pasan por gañar en Italia

baloncesto250_131108.jpgSALNÉS > O Pallacanestro Ribera é o gran rival das vilagarciáns para obter a segunda praza do grupo. O obxectivo é vencer na cancha das sicilianas ou canda menos perder por menos de catorce puntos de diferencia.

O Extrugasa afronta o seu cuarto partido de liguiña da Eurocup. As vilagarciáns enfróntanse as italianas do Pallacanestro Ribera a sabendas de que moitas das opcións de clasificación para a seguinte rolda pasan por este partido.

Os dous equipos aspiran a acadar o pase como segundo de grupo. Para iso é clave que o Extrugasa sume hoxe unha victoria; de non facelo, sería tamén importante poder conservar o basketaverage a favor. En Fontecarmoa venceron as vilagarciáns por 14 puntos e esa diferencia é a que teñen defender.

De perder tamén neste apartado quedaríalles a opción de poder entrar como terceiras de grupo, aínda que iso xa psaría por vencer ó Tarbes e/ou o Olivais Coimbra nos dous encontros que lles restan en Fontecarmoa.

De tódolos xeitos non será tarea sinxela porque o Pallacanestro é un conxunto con moito potencial, máis do que amosou hai tres semanas en Vilagarcía. As de Isaac fernández deberán emplearse a fondo se é que queren gañar.

Redacción Salnés